O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia publica unha guía divulgativa en formato ficha que recompila os datos das 230 especies de liques que habitan neste espazo ...

" />
   

2024/02/12: Publicada unha guía divulgativa dos liques do PNMTIAG

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia publica unha guía divulgativa en formato ficha que recompila os datos das 230 especies de liques que habitan neste espazo natural. As autoras da guía son as doutoras en Bioloxía Josefina Álvarez Andrés e María José Sánchez-Biezma, que contaron co apoio e a colaboración de persoal do parque nacional.

A guía ofrece unha visión da vida liquénica existenteen todos os medios dos catro arquipélagos. A guía mostra a elevada riqueza e diversidade florística deste espazo natural así como a presencia de especies singulares e cunha distribución restrinxida. Así,  quince das especies rexistradas no parque nacional están incluídas  na lista vermella da UICN e dúas delas figuran no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. É importante estudar e coñecer esta flora pouco coñecida pero cunha gran importancia para a conservación no parque nacional.

Entre as curiosidades, destaca Bactrospora carneopallida, presetne en zonas costeiras da Rexión Macarronésica e Sáharo-árabe, Lecania aipospila, orixinaria das Illas Británicas, Noruega, Suecia e a costa atlántica francesa ou Porina curnowii, rexistrada nas costas do suroeste de Inglaterra, suroeste de Irlanda e a Bretaña Francesa.

O traballo, está dispoñible en formato dixital, para a súa descarga gratuíta na biblioteca da web do parque nacional.

Acceso a guía

Voltar