2023/05/06: LIFE INSULAR participa nun evento de networking con LIFE IP Wild Atlantic Nature

O IBADER do Campus Terra, na súa calidade de beneficiario coordinador do proxecto LIFE INSULAR, asistiu  á reunión anual de seguimento do proxecto LIFE IP PAF-WILD ATLANTIC NATURE. A reunión permitiu avaliar o avance do proxecto durante o último ano.

A visita resultou de gran interese xa que os membros do IBADER puideron dar boa conta dos avances durante o último ano do grupo de traballo no sur de Europa para a conservación dos ecosistemas de turbeiras. Os resultados acadados cos estudos relativos ao impacto dos parques eólicos sobre as turbeiras de cobertor europeas, e os sucesivos estudos e investigacións de avaliación dos diferentes procesos de impacto sobre as turbeiras a nivel mundial, espertaron un grande interese sobre os representantes de CINEA.

A xornada rematou cunha visita ás localizacións do proxecto, na cal se mantiveron interesantes intercambios cos socios implicados no proxecto: Department of Housing, Local Government and Heritage (DHLGH); Department of Agriculture, Food and Marine (DAFM); Bord na Móna; Teagasc; Failté Ireland; Raidio Teilifis Eireann (RTÉ); The Heritage Council; Northern & Western Regional Assembly (NWRA); Coillte Nature.

 

Voltar