2023/12/19: Celebrada unha actividade de educación ambiental no ámbito do PNMTIAG

O día 18 de decembro celebrouse unha actividade de educación ambiental denominada “OH OH!!! TEMOS UN PROBLEMA”. A actividade versa sobre a problemática das especies exóticas invasoras e a flora e fauna autóctona. Na actividade participaron 50 alumnos de cuarto curso de educación primaria pertencentes ao CEIP Arealonga, situado no concello de Vilagarcía de Arousa.

A actividade consta de dúas partes, iníciase cunha sesión de conta-contos mesturado con teatro e música en directo, ambientada orixinalmente nas rías galegas e na súas contornas, e ten unha duración de 60 minutos. A segunda parte, máis participativa, consta dun obradoiro medioambiental de 30 minutos de duración, sobre plantas invasoras, o litoral, ecosistemas mariños, o lixo mariño, etc.

 

Voltar