O IBADER da Universidade de Santiago de Compostela, na súa condición de beneficiario coordinador do proxecto LIFE INSULAR, desplazouse entre os pasados 23 e 31 de outubro ás Illas Azores, para unha completa visita técnica de networking ás illas de Sao Miguel e Terceira deste arquipélago, e realizar un intenso intercambio de coñecemento co Governo dos Açores e máis coa Universidade dos Açores, no marco dos proxectos insulares LIPE IP CLIMAZ e LIFE IP AZORES NATURA.
O amplo know-how xenerado polos proxectos LIFE azorianos, sobre todo no tocante á eliminación de plantacións forestais senescentes, o control de especies exóticas invasoras, e a restauración de hábitats insulares naturais, permitiu a captación e absorción dos seus resultados por LIFE INSULAR, que poderán ser implementados e replicados durante as accións deste nos espazos Natura 2000 insulares de España e Irlanda obxecto do proxecto.
De igual xeito, a presentación do proxecto LIFE INSULAR ao Governo dos Açores e á Universidade dos Açores, posibilitou a transferibilidade dos coñecementos xenerados polo proxecto, así como fomentar a replicabilidade das estratexias seguidas e as solucións adoptadas.