O mantemento da diversidade xenética e da estrutura, e do potencial evolutivo das poboacións, é crucial en calquera proxecto de conservación. Os criterios xenéticos serven de apoio ás actuacións de mellora dos hábitats dunares por parte de LIFE INSULAR. É prioritaria a conservación de especies características dos hábitats naturais en poboacións con alta variabilidade xenética, maior censo e conectividade en condicións ambientais máis estables. En poboacións máis pequenas e illadas, con maior parentesco dentro da poboación, pódense considerar accións de reforzo de poboacións próximas xenéticamente similares.
Para poñer en marcha accións de mellora da área de ocupación e reclutamento, é importante ter en conta o acervo xenético das poboacións doadoras e receptoras implicadas. Resumir a diversidade xenética protexida en coleccións de conservación ex situ ten implicacións para a súa xestión para mellorar a conectividade, minimizando o risco de hibridación con poboacións xenéticamente diferenciadas.
Deste xeito, LIFE INSULAR está a realizar unha avaliación dos recursos xenéticos das especies dunares que van ser empregadas nas actuacións de restauración do proxecto (Daphne gnidium, Ammophila arenaria), valorando tanto as poboacións insulares (Cíes, Ons, Sálvora), como as poboacións continentais máis próximas. Esta análise proporcionará información e criterios valiosos como base para orientar as accións de conservación, tanto in situ como ex situ.