O día 24 de maio de 2023 celebrouse na illas de Sálvora unha xornada de difusión en relación co día europeo dos parques nacionais, a actividade estivo dirixida a todas as visitantes que se achegaron a illa de Sálvora ...
" />En relación coa celebración do día europeo dos parques nacionais, celebrouse na illa de Sálvora unha actividade de divulgación, na que puideron participar persoas e entidades relacionadas coa actividade turística que desenvolven a súa actividade no entorno do Parque Nacional. No evento participaron un total de 25 persoas e consistiu en aportar información relativa aos parques nacionais e aos valores do propio Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, a fin de que puidesen transmitir esta información aos posibles visitantes.