2023/05/29: Avaliación do progreso da eliminación de plantacións forestais senescentes en The Raven (Wexford Co.)

A visita permitiu avaliar directamente o avance da primeira fase da acción C3 nos lugares Natura 2000 en Irlanda.

As equipas de IBADER-USC, NPWS e Coillte Nature visitaron a ZEC Raven Point Nature Reserve (IE0000710), para avaliar directamente o avance das accións específicas de conservación do hábitat 2130*. A visita permitiu comprobar a execución dunha primeira fase das obras previstas na acción C3, eliminando plantacións forestais senescentes de Pinus corsicana en 10 ha deste sistema dunar.

Está previsto que os traballos reinicien o vindeiro outono, cando tamén se iniciará a retirada de plantacións forestais nas 3 ZEC do proxecto situadas en Donegal Co.

 

Voltar