Froito desta visita disporase dunha importante información de partida de cara ao desenvolvemento das accións de conservación.
As equipas de IBADER-USC, OAPN e TRAGSA realizaron unha serie de visitas aos enclaves do proxecto na illa de La Graciosa (Lanzarote, Canarias), para a determinación do estado de conservación dos tipos de hábitats insulares, e o establecemento dos documentos técnicos que recollerán a planificación dos traballos de restauración.
O resultado destes traballos posibilitará dispoñer dunha importante información de partida de cara ao desenvolvemento das accións de conservación, establecer un sistema de indicadores comúns de seguimento e un plan de continxencia ante calquera eventualidade que se presente durante o proxecto.