2023/05/24: Día Europeo dos Parques, «Construíndo sobre as nosas raíces»

 

Hoxe día 24 de maio dende o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia tamén celebramos o Día Europeo dos Parques baixo o lema Construíndo sobre as nosas raíces (Building on our roots).

O Día Europeo dos Parques conmemora a declaración dos primeiros parques nacionais europeos en Suecia o 24 de maio. A Federación de Parques Naturais e Nacionais de Europa (EUROPARC), que aglutina case 400 membros pertencentes a 36 estados, celebra esta efeméride. O lema deste ano é Construíndo sobre as nosas raíces (Building on our roots´), unha invitación a que parques e espazos naturais protexidos exploremos a idea do patrimonio propio. Durante o Día Europeo dos Parques 2023 queremos celebrar este patrimonio, que pode ser tanto o legado natural que protexemos como o patrimonio que supón a propia organización. Así, traballamos todos xuntos para tomar conciencia sobre a responsabilidade que temos de manter para as futuras xeracións este valioso patrimonio natural e cultural e para descubrir como construír desde estas raíces.

Os primeiros parques nacionais europeos declaráronse en Suecia o 24 de maio de 1909. Para conmemorar ese día, a Federación EUROPARC, organización paneuropea creada en 1973 que reúne a institucións dedicadas á conservación da natureza e a espazos naturais protexidos de 38 países, promove desde 1999 a celebración do Día Europeo dos Parques

EUROPARC-España organiza cada ano varias actividades con motivo da celebración desta efeméride e anima a todos os seus membros e ao conxunto das entidades relacionadas cos espazos naturais protexidos a pór en marcha actividades para conmemorar este día.

No marco do Día Europeo dos Parques, o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia programou diferentes actividades con motivo da celebración desta efeméride:

1 e 6. Visita ao Centro de Visitantes do Parque en Vigo dun grupo da escola de deseño Aula D.

2. Ruleta da sorte da Rede de Parques Nacionais de España nos puntos de información de Cíes, Ons e no Centro de Visitantes do Parque en Vigo.

3. Visita á illa de Sálvora participantes na XV Xornada formativa para profesionais do sector turístico sobre o Parque.

4. Fase en liña da XV Xornada formativa para profesionais do sector turístico sobre o Parque Nacional dende o centro Gaiás Tech, na Cidade da Cultura, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica da Xunta de Galicia, a quen agradecemos a súa colaboración.

5. Presentación da exposición itinerante e vídeo `A illa dos polinizadores´ mañá xoves ás 11:00 horas no Centro de Visitantes do Parque en Vigo.

 

Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

The EUROPARC FederationEUROPARC-EspañaLIFE INSULAR

 

Voltar