2023/05/12: Celebrada a terceira reunión de coordinación de LIFE INSULAR

A reunión foi realizada por videochamada, e permitiu dar conta do progreso das accións preparatorias ata o momento e o progreso futuro das accións de conservación de cara a 2023

O pasado 5 de maio de 2023 tivo lugar a terceira reunión de coordinación de LIFE INSULAR entre os socios do proxecto (IBADER-USC, DXPN, OAPN, TRAGSA, NPWS, COILLTE), mediante videochamada.

A reunión permitiu dar conta do progreso das accións preparatorias durante o ano 2022, o inicio das accións de conservación do proxecto (eliminación de especies exóticas invasoras de flora), e a previsión futura de cara a 2023. Tamén se fixo un repaso importante aos primeiros resultados do proxecto en materia de comunicación e difusión, así como se realizou unha planificación conxunta dos seguintes fitos do proxecto a acadar durante 2023.

Voltar