2023/04/12: Asinado o convenio entre o Organismo Autónomo Parques Nacionales e a Universidade de Santiago de Compostela para o proxecto LIFE INSULAR

De acordo có disposto no Réxime Xurídico do Sector Público e unha vez subscrito polas partes o 11 de abril de 2023, publicouse no Boletín Oficial do Estado do convenio para o desenvolvemento do proxecto LIFE INSULAR.

A firma ser levou a cabo entre Antonio López Díaz, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, actuando en nome e representación da Universidade de Santiago de Compostela, e Javier Pantoja Trigueros, Director do Organismo Autónomo Parques Nacionais (OAPN).

A Universidade de Santiago de Compostela é o beneficiario coordinador do proxecto transnacional entre España e Irlanda «Life insular-Estratexia integrada para a xestión sostible dos hábitats insulares en illas Natura 2000 do océano Atlántico» (LIFE20 NAT/É/001007), mentres que o o OAPN participa como beneficiario asociado no citado proxecto LIFE INSULAR  xunto a outras entidades como a Dirección Xeral de Patrimonio Natural (DXPN), a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (TRAGSA), o Department of Housing Local Government and Heritage, e Coillte CGA.

O presente convenio ten por obxecto establecer o marco de colaboración entre USC e OAPN en relación co proxecto «LIFE INSULAR, Estratexia integrada para a xestión sostible dos hábitats insulares en illas Natura 2000 do océano Atlántico».

Voltar