2023/03/27: Xornada de captación de resultados e intercambio entre LIFE ARCOS e LIFE INSULAR

O IBADER da Universidade de Santiago de Compostela, na súa condición de beneficiario coordinador do proxecto LIFE INSULAR, e o INDUROT da Universidade de Oviedo, na súa condición de beneficiario coordinador do proxecto LIFE ARCOS, mantiveron o 23 de marzo unha proveitosa xornada de intercambio de coñecemento na Reserva Natural de Barayo (Asturias, España), incluída tamén na Rede Natura 2000.

O amplo know-how xenerado por LIFE ARCOS, sobre todo no tocante á eliminación de plantacións forestais e o control de especies exóticas invasoras sobre ecosistemas dunares, permitiu a captación e absorción dos seus resultados por LIFE INSULAR, que poderán ser implementados e replicados durante as accións deste nos espazos Natura 2000 insulares de España e Irlanda obxecto do proxecto.

A visita favoreceu tamén un importante e valioso networking entre os equipos de traballo de ambos os dous proxectos sobre a mellora do estado de conservación de ecosistemas dunares.

 

Descarga  do programa

Voltar