2023/03/17: LIFE INSULAR asistiu á conferencia do proxecto LIFE Dynamic Dunescapes

O IBADER da Universidade de Santiago de Compostela, na súa condición de beneficiario coordinador do proxecto LIFE INSULAR, asistiu entre o 14 e o 16 de marzo, á conferencia do proxecto LIFE Dynamic Dunescapes (DuneLIFE), que tivo lugar en Braunton (North Devon, UK).

Este evento foi de gran importancia para o equipo de LIFE INSULAR, xa que puido coñecer de primeira man os casos de estudio desenvolvidos en UK, o manual de xestión de dunas, os resultados das accións de restauración en dunas de Inglaterra e Gales, e as leccións aprendidas na eliminación de especies invasoras dos ecosistemas dunares.

O amplo know-how xenerado por DuneLIFE permitiu a captación e absorción dos seus resultados por LIFE INSULAR, que poderán ser implementados e replicados durante as accións deste nos espazos Natura 2000 insulares de España e Irlanda obxecto do proxecto.

A visita favoreceu tamén un importante e valioso networking con outros proxectos LIFE sobre conservación de ecosistemas dunares a nivel europeo, como LIFE DUNIAS, LIFE On Machair ou LIFE Sands of LIFE.

Voltar