As equipas de IBADER-USC, DXPN, OAPN e TRAGSA están a desenvolver exhaustivos traballos de gabinete (incluíndo máis de 20 reunións conxuntas) para a determinación do estado de conservación  ...

" />
   

2022/07/29: A equipa de LIFE INSULAR en España está a desenvolver os traballos para a caracterización dos tipos de hábitat insulares e a planificación técnica da restauración

As equipas de IBADER-USC, DXPN, OAPN e TRAGSA están a desenvolver exhaustivos traballos de gabinete (incluíndo máis de 20 reunións conxuntas) para a determinación do estado de conservación dos tipos de hábitats insulares obxecto do proxecto. Durante a época estival, estas reunións de traballo están a ser complementadas por numerosas visitas de campo ás localidades insulares de actuación (Cíes, Ons, Sálvora, La Graciosa).

O resultado destes traballos posibilitará dispoñer dunha importante información de partida de cara ao desenvolvemento das accións de conservación, establecer un sistema de indicadores comúns de seguimento e un plan de continxencia ante calquera eventualidade que se presente durante o proxecto.

Voltar