Membros de NPWS e Coillte Nature, na súa condición de beneficiarios asociados de LIFE INSULAR, realizaron unha primeira toma de contacto con outros proxectos LIFE de España e Irlanda, para a...

" />
   

2022/04/29: LIFE INSULAR comeza o seu networking en Irlanda con outros proxectos LIFE

No marco da acción E3 de LIFE INSULAR, entre os días 26 e 28 de abril, membros de NPWS e Coillte Nature, na súa condición de beneficiarios asociados de LIFE INSULAR, realizaron unha primeira toma de contacto con outros proxectos LIFE de España e Irlanda, para a promoción e o intercambio de boas prácticas e experiencias, así como o traballo colaborativo entre os proxectos e as institución involucradas, promovendo a replicabilidade e transferibilidade dos resultados obtidos.

Deste modo, LIFE INSULAR levou a cabo intercambio con técnicos do proxecto LIFE13 NAT/IE/000144 "LIFE KERRY", enmarcado na xestión fluvial para a conservación de hábitats naturais, emanando conclusións moi positivas, posto que se identificaron numerosos puntos en común entre os resultados de ambos os dous proxectos, resaltando na necesidade de eliminar as ameazas que penden sobre os hábitats naturais.

A intensificación dos usos agroganaderos e forestais que aconteceu durante o século XX foi o punto de enfoque común con LIFE18 NAT/IE/000090 "LIFE Atlantic Crex", co que se visitaron as accións concretas de conservación. Deste modo, púxose de manifesto a importancia de realizar actuacións que devolvan a naturalidade aos ecosistemas naturais na Rede Natura 2000 e mellorar o estado de conservación dos seus compoñentes clave.

O contacto con LIFE18 IPE/IE/000002 "LIFE IP PAF-WILD ATLANTIC NATURE", proxecto integrado para a conservación de turbeiras de cobertor na Rede Natura 2000 de Irlanda, resultou de grande interese posto que os membros de LIFE INSULAR puideron asistir á visita anual de monitoreo e visitar as localidades de actuación do proxecto, así como intercambiar co resto de socios involucrados no proxecto: Department of Agriculture, Food and Marine (DAFM); Bord na Móna; Teagasc; Failté Ireland; Raidio Teilifis Eireann (RTÉ); The Heritage Council; Northern & Western Regional Assembly (NWRA); Coillte Nature. A realización desta visita revelou a necesidade de realizar estratexias globais de restauración, non actuando soamente sobre os ecosistemas, senón involucrando a todos os axentes implicados, aspecto plenamente coincidente coa estratexia levada a cabo por LIFE INSULAR.

Finalmente, membros de LIFE15 NAT/ES/000790 "LIFE BACCATA" e LIFE16 NAT/ES/000771 "LIFE FLUVIAL" visitaron as localidades de actuación en Irlanda de LIFE INSULAR. En ambos os dous casos, trátase de proxectos cuxa principal estratexia tamén é a eliminación de antigas plantacións forestais (algunhas con especies de carácter invasor) para o incremento da superficie ocupada por hábitats prioritarios. Os aspectos relativos á planificación previa e avaliación ex_ante, así como unha correcta execución dos traballos de conservación para evitar afeccións sobre ecosistemas fráxiles, foron varios dos aspectos comúns entre ambos os dous proxectos.

En definitiva, estas visitas supuxeron un importante paso para LIFE INSULAR no establecemento de novos contactos e redes, incorporando as conclusións de 5 proxectos LIFE executados en España e Irlanda, así como as experiencias de organismos competentes europeos de xestión e conservación de Natura 2000, e os coñecementos de institucións e investigadores europeos relacionados con esta temática.

Voltar