A reunión foi realizada por videochamada, e permitiu dar conta do progreso das accións preparatorias durante 2022 e o comezo das accións de conservación de cara a 2023, fundamentalmente relacionada...

" />
   

2022/11/26: Celebrada a segunda reunión de coordinación de LIFE INSULAR

O pasado 25 de novembro de 2022 tivo lugar a segunda reunión de coordinación de LIFE INSULAR entre os socios do proxecto (IBADER-USC, DXPN, OAPN, TRAGSA, NPWS, COILLTE), mediante videochamada.

A reunión permitiu dar conta do progreso das accións preparatorias durante o ano 2022, fundamentalmente aquelas relacionadas coa caracterización das zonas de actuación, e a implicación e sensibilización das comunidades locais onde o proxecto actuará en Irlanda. Igualmente, realizouse unha planificación conxunta das accións de conservación do proxecto de cara a 2023, fundamentalmente relacionada co inicio dos traballos de recollida de sementes/propágulos, así como da eliminación de especies exóticas invasoras de flora.

Voltar