O pasado 26 de maio de 2022, con motivo da celebración do Día da Rede Natura 2000 e do seu 30 aniversario en Europa, organizada pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo no Centro de ...

" />
   

2022/05/26: LIFE INSULAR participa na celebración do Día da Rede Natura 2000 e do seu 30 aniversario en Europa

O pasado 26 de maio de 2022, con motivo da celebración do Día da Rede Natura 2000 e do seu 30 aniversario en Europa, organizada pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo no Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA, Castelo de Santa Cruz, Oleiros), o proxecto LIFE INSULAR (LIFE20 NAT/ES/001007) foi presentado á audiencia, xunto a outros proxectos como LIFE TREMEDAL (LIFE11 NAT/ES/000707), LIFE BACCATA (LIFE15 NAT/ES/000790), LIFE FLUVIAL (LIFE16 NAT/ES/000771) e LIFE On Machair (LIFE20 NAT/IE/000263).

A aportación dende LIFE INSULAR, que acaba de comezar, realizouse a través dunha breve presentación dos obxectivos e resultados que o proxecto espera acadar. O evento resultou de gran proveito e interese para toda a audiencia congregada, entre a que se contou con traballadores de administracións públicas, representantes dos colectivos ambientalistas locais, e membros da veciñanza da contorna. A xornada completouse cunha visita ás localidades do proxecto LIFE FLUVIAL nos espazos Natura 2000 da Ría de Betanzos (na marxe esquerda, en terreos do Concello de Bergondo) e do Encoro de Cecebre (en terreos dos concellos de Abegondo e Cambre).

Voltar