A xornada contou coa presenza do equipo de monitoreo externo NEEMO, e serviu como primeira reunión de traballo do comité de dirección para facer unha revisión conxunta do...

" />
   

2022/05/23: Celebrada a primeira reunión de coordinación de LIFE INSULAR

O pasado 18 de maio de 2022, tivo lugar a primeira reunión de coordinación do proxecto LIFE INSULAR (LIFE20 NAT/ES/001007). A reunión, celebrada na sede na sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia en Vigo (Galicia), contou coa presenza do equipo de monitoraxe externo NEEMO, con motivo da súa primeira visita de anual de seguimento. Os socios españois do proxecto (IBADER-USC, DXPN, OAPN, TRAGSA) asistiron de xeito presencial, mentres que os socios irlandeses (NPWS, COILLTE) conectáronse por videoconferencia.

A reunión permitiu facer unha revisión conxunta do proxecto, establecer as prioridades e planificación conxunta do proxecto de cara a 2022, así como debater sobre todos os requirimentos técnicos, administrativos e financeiros de cara ás xustificacións periódicas do proxecto.

Voltar