O Presidente da Xunta de Galicia avanza que Galicia liderará un proxecto transnacional para mellorar a conservación dos hábitats de Cíes, Ons e Sálvora e facelos resistentes ao cambio climático...

" />
   

2022/06/09: A Xunta de Galicia formaliza o convenio para a sua participación no proxecto LIFE INSULAR

O Presidente da Xunta de Galicia avanza que Galicia liderará un proxecto transnacional para mellorar a conservación dos hábitats de Cíes, Ons e Sálvora e facelos resistentes ao cambio climático.

O Presidente salienta que o Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura do convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago (IBADER) e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para establecer as bases da súa participación na iniciativa Life insular  [LIFE20 NAT/ES/001007. Integrated strategy for sustainable management of insular habitats in Natura 2000 islands of the Atlantic Ocean].

O proxecto con un orzamento de máis de 5,2 M€ para executar ao longo de 5 anualidades, integra como socios a Xunta de Galicia, Instituto de Biodiversidade Agraria de Desenvolvemento Rural, Organismo Autónomo de Parques Nacionales (OAPN), Grupo Tragsa, Department of Housing, Local Government and Heritage  de Irlanda & COILLTE (Irlanda).

Galicia lidera un proxecto de cooperación transnacional entre España e Irlanda que ten como obxectivo definir e implementar unha estratexia integrada para a xestión sustentable dos hábitats insulares pertencentes á Rede Natura 2000. En concreto, tres das cinco illas que formarán parte desta iniciativa son galegas: Cíes, Ons e Sálvora, todas elas integradas no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

A implicación da Comunidade no chamado Life insular foi ratificada hoxe polo Consello da Xunta, que autorizou a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para establecer as bases da súa participación técnica e económica no proxecto.

“A Xunta quere facer melloras no hábitat de Cíes, Ons, e Sálvora para facelos máis resistentes ao cambio climático e para a restauración da súa paisaxe natural co obxectivo de que se recupere a situación de hai 70 anos” di, incidindo en que desta forma, se minimizará o impacto de posibles perturbacións externas sobre as zonas de actuación e, sobre todo, buscarase unha recuperación drástica da paisaxe natural.

Cun orzamento de máis de 5,2 millóns de euros para executar ao longo de 5 anualidades, a principal achega económica ao proxecto procede da Unión Europea, que cofinanciará as actuacións previstas con 3,95 millóns de euros a través do programa Life, dedicado de forma exclusiva ao ambiente e á acción polo clima

Voltar