Coincidindo co Día Mundial das Dunas, presentouse en Donegal o proxecto LIFE INSULAR, así como unha campaña ligada a este, que se desenvolverá ao longo do verán, na cal se pretende ....

" />
   

2022/06/30: Presentado o proxecto LIFE INSULAR en Irlanda na celebración do día mundial das dunas

Coincidindo co Día Mundial das Dunas, presentouse en Donegal o proxecto LIFE INSULAR, así como unha campaña ligada a este, que se desenvolvera ao longo do verán, na cal se pretende destacar a fraxilidade dos sistemas dunares de Donegal, resaltando a súa importancia na protección dos ecosistemas costeiros, e o seu papel como hábitat de especies únicas para a conservación da vida silvestre e na a mitigación do cambio climático. O proxecto LIFE INSULAR está cofinanciado pola UE e en Irlanda, a través de COLITE e o Servizo de Parques e Vida Silvestre do Goberno da Irlanda, en colaboración con as comunidades locais dará pasos para protexer e conservar estes ecosistemas na praia de Murvagh, nos parques forestais de Ards e Rincluevan e en Curracloe.

A colaboración entre os investigadores e as comunidades locais pretende desenvolver plans de manexo a longo prazo para estas áreas, co obxectivo de incrementar a biodiversidade, o valor e a resiliencia destes ecosistemas fronte ao cambio climático global e o incremento mariño tentando que as xeracións futuras poidan continuar desfrutando destes espazos de xeito sostíbel.
 

Descargas
Voltar