Entre o 18 e o 20 de maio de 2022, o proxecto LIFE INSULAR (LIFE20 NAT/ES/001007), do cal IBADER é o seu beneficiario coordinador, recibía a visita anual de seguimento por parte de representantes da ...

" />
   

2022/06/24: O proxecto LIFE INSULAR recibe a visita anual de monitoreo por parte da Comisión Europea

Entre o 18 e o 20 de maio de 2022, o proxecto LIFE INSULAR (LIFE20 NAT/ES/001007), do cal IBADER é o seu beneficiario coordinador, recibía a visita anual de seguimento por parte de representantes da Comisión Europea, a través do seu equipo de seguimento externo NEEMO. A visita constou o 18 de maio dunha reunión técnica e administrativa na sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, onde se puido facer unha revisión do progreso do proxecto ata a data. Nas dúas xornadas seguintes, realizáronse senllas visitas de campo, o 19 de maio ao arquipélago de Cíes, o 20 de maio ao arquipélago de Ons, territorios insulares que forman parte do Parque Nacional e están incluídos na Rede Natura 2000.

LIFE INSULAR é un proxecto transnacional entre España e Irlanda, que traballa a prol da implementación e posta en marcha dunha estratexia integrada de mellora do estado de conservación dos hábitats insulares do Océano Atlántico integrados na Rede Natura 2000, e da súa adaptación fronte aos efectos derivados do cambio climático, a fin de avanzar na restauración das paisaxes naturais que presentaban estes territorios hai máis de medio século.

Voltar