O IBADER do Campus Terra, na súa calidade de beneficiario coordinador do proxecto LIFE INSULAR, visitou os días 29 e 30 de maio os lugares de actuación irlandeses do mesmo, situados nos condados .....

" />
   

2022/05/02: Primeira visita do IBADER ás localidades irlandesas do proxecto LIFE INSULAR

A visita serviu para establecer criterios comúns in_situ para a planificación das accións concretas de conservación cos socios irlandeses.

O IBADER do Campus Terra, na súa calidade de beneficiario coordinador do proxecto LIFE INSULAR, visitou os días 29 e 30 de abril os lugares de actuación irlandeses do mesmo, situados nos condados de Donegal e Wexford. A visita realizouse en compañía de persoal asignado polos socios irlandeses do proxecto: National Parks and Wildlife Service (NPWS) e Coillte Nature.

Este proxecto, de carácter transnacional entre España e Irlanda, presenta como unha das súas principais estratexias a eliminación de antigas plantacións forestais (algunhas con especies invasoras) para aumentar a superficie ocupada por hábitats prioritarios dentro dos territorios insulares, extremadamente vulnerables aos procesos de cambio global.

Durante a visita realizáronse diversas charlas técnicas sobre o terreo, destacando os aspectos relacionados coa planificación e avaliación previa dos lugares de actuación, así como a necesidade de ter unha correcta execución das accións concretas de conservación para evitar afectacións tendo en conta a fraxilidade dos ecosistemas insulares.


 

Voltar